top of page

"A arte é todo aquilo que fai que a vida pese menos.

O triunfo adoita disfrazarse de ouro pero compoñerse de fracasos. Nada do obtido me gustou sen compartilo."

intereses.png

Fotografía

Coches

Música

Turismo

Videoxogos

Intereses

DSC_0172-2cv-1.jpg
IMG-20191223-WA00362cv.jpg

Se chegaches ata aquí é para saber un pouco máis do meu.
 

Teño 21 anos e nacín na Coruña pero os meus pais e o miña

familia teñen raíces en Ordes. Sempre me gustou

criarme alí, fíxome aprender cousas, que aínda que de

primeiras non parezan importantes, axudáronme na

miña vida.
 

Tamén teño vinculación con outra das cousas que

encántame, o mar. Pasei moitos veráns en Malpica,

na Costa de  Morte. Desde pequeno crecín rodeado de

legos,  playmobil, paus, pedras, lapis e papeis

cos que crear, pintar, aprender e o que non me imaxinaba

ó que acabaría facendo, deseñar.
 

Cando me fun facendo máis maior chamoume moito a atención a

tecnoloxía, como se montaban as cousas, de que estaban feitas e sempre que

vía a oportunidade de desmontar algo tirababa a piscina. Meu pai,

con 12 anos prometeume que o día que me sacará o carné de conducir

tería un coche e por sorte para min, cumpriu. Desde pequeno é unha

das miñas paixóns, coñecer os modelos, a historia das marcas, as

curiosidades, un pouco de mecánica... E máis cacharros como tractores

cos que convivín dende que nacín.
 

Agora encántame saír a conducir e viaxar en coche (preferiblemente

que en avión) xa que me achega a liberdade de poder gozar do

viaxe, de coñecer lugares simplemente pasando por eles. Isto che

permite lembrar algún pobo ou estrada e poder dicir "Por aí pasei

eu!". O bo de conducir é escoitar música, poñer unha  playlist que

che encante e  facer km, pero moito mellor é gozar da música en

directo, encántame ir a festivais de música e concertos onde podo ver

tocar aos meus artistas favoritos.
 

Para lembrar todo isto, o mellor para min son as fotografías, gústame moito sacar

a cámara e inmortalizar lugares e momentos. Ademais, gozo tamén editando

xa que é unha parte moi importante de cada fotografía. Gozo moito viaxando

por Galicia e España, coñecendo lugares pouco turísticos, como faros, fervenzas,

sitios abandonados, estacións e demais patrimonio menos valorado pero cun

gran encanto aínda por descubrir. Poderedes atopar todas as miñas fotos na miña

conta de Unsplash que está aí arriba coas miñas redes sociais (todas as fotos están

libres de dereitos de autor e pódeas utilizar quen as necesite).
 

Por último dicir que outra das miñas paixóns é o fútbol, nunca fun un gran xogador,

de feito son bastante malo pero por iso prefiro que o xoguen outros. Encántame o

fútbol non profesionais, os campos pequenos, en definitiva, o da xente. Por desgraza

ademais tocoume ser afeccionado ao Real Club Deportivo da Coruña, que lle imos a facer.
 

Se chegaches ata aquí grazas, espero que che gustara o meu traballo, podes contactar

comigo a través de todas as opcións que tes por aí arriba...

IMG-20190727-WA0007.jpg
IMG_20181225_181714.jpg

deica logo!

bottom of page